- AGALAS
Quen somos? AGALAS.
AGALAS é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para dar visibilidade ao trazo da Alta Sensibilidade, promover a súa comprensión social e ofrecer información, recursos e apoio ás persoas altamente sensibles en Galicia e máis alá.
A nosa misión
Contribuír ao benestar das persoas altamente sensibles mediante a divulgación, a formación, a investigación e a creación de espazos de encontro e apoio en Galicia.
Os nosos valores
- Respecto á diversidade humana
- Inclusión e comprensión
- Rigor e divulgación baseada na evidencia
- Benestar emocional
- Cooperación e apoio mutuo
- Sensibilidade social
Os nosos obxectivos
- Difundir información rigorosa sobre a Alta Sensibilidade
- Sensibilizar a sociedade e as institucións
- Impulsar actividades formativas e divulgativas
- Favorecer redes de apoio entre persoas altamente sensibles
- Colaborar con profesionais, centros educativos e entidades sociais
- Promover a investigación e o coñecemento sobre o trazo
- AGALAS
Por qué unha asociación galega?
- Porque se hai un galego na lúa, ten que haber unha asociación galega de alta sensibilidade que nos permita estar conectadxs sen ter que ir á lúa.
- Para achegar información científica e actualizada sobre o trazo da alta sensibilidade á comunidade.
- Para apoiar profesionais AS e especializadxs en AS.
- Para ofrecer un espazo seguro “coa nosa forma de ser”.
- Para que os galegos e galegas poidan achegar o seu gran de area e dar visibilidade ao trazo coa súa creatividade e sensibilidade.
- AGALAS
Xunta Directiva
Ana Belén Vidal Ramos
PRESIDENTA
Psicóloga sanitaria e especialista en PAS, PNI e psicoloxía humanista integral.
Laura Seijas Lareo
VICEPRESIDENTA
Licenciada en Publicidade, terapeuta holística e quiromasaxista. Emprendedora en Kalmare Bienestar.
Sandra Rodríguez Couso
SECRETARIA
Licenciada en Xornalismo e diplomada en Traballo Social. Emprendedora en Globaleira, desenvolvemento persoal.
Sandra Álvarez Estevez
TESOUREIRA
Licenciada en ADE, emprendedora en Xestiona Xestoría.
Manuel Chorén Otero
VOGAL
Licenciado en ADE, emprendedor e catalizador de proxectos en Qanu21.
Yago Villalba Vidal
VOGAL
Deseñador dixital e de produto.