- A NOSA ACTIVIDADE
Etapas vitais
Acompañamos ás persoas altamente sensibles nas distintas fases da súa vida
Infancia
Na infancia, a alta sensibilidade adoita a manifestarse como:
- Alta percepción da contorna.
- Reaccións intensas aos estímulos auditivos, táctiles...
- Gran empatía innata cara a outros nenos e nenas, animais, contos, películas...
- Necesidade de adaptación progresiva aos cambios.
- Preguntas existenciais temperás.
Saber máis
Cun acompañamento axeitado, favorécese o desenvolvemento emocional, creativo e social da cativada.
Adolescencia
Pode implicar:
- Intensidade emocional e mental.
- Maior conciencia social cunha gran implicación ante as inxustizas.
- Necesidade de pertenza.
- Sensación de non encaixar, de ser diferente.
Saber máis
Na ausencia de estratexias de regulación, algunhas persoas adolescentes poden recorrer a formas pouco saudables de xestionar a sobrecarga, por exemplo, o abuso da conexión ás redes sociais ou o consumo de substancias que lles axuden a desconectar a actividade mental.
Coa correcta educación emocional, pode converterse nunha auténtica fortaleza.
Persoas Adultas
Exprésase como:
- Alta intuición.
- Necesidade de sentido e propósito de vida.
- Profundidade emocional e mental.
- Conexión coa contorna.
Saber máis
A comprensión do trazo adoita achegar claridade e benestar.
- A NOSA ACTIVIDADE
Área social
Ser unha Persoa Altamente Sensible (PAS) significa percibir o mundo dun xeito profundo, intenso e único. Ás veces, esta forma de sentir e procesar a realidade pode resultar enriquecedora; noutras ocasións, pode ser atafegadora. Ademais, non sempre é fácil que as persoas do entorno comprendan o que implica vivir con este trazo.
Por iso nace AGALAS: un espazo de encontro, apoio e intercambio onde as persoas altamente sensibles poden sentirse comprendidas, acompañadas e conectadas con outras persoas que comparten vivencias semellantes.
Organizamos actividades presenciais, como as nosas KedadAS, que ofrecen oportunidades para compartir tempo de lecer, conversa e convivencia nun ambiente próximo, seguro e acolledor.
Tamén aproveitamos as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para realizar encontros virtuais, charlas e actividades con profesionais e persoas expertas, abordando cuestións de especial interese para o colectivo PAS e favorecendo a aprendizaxe, o auto coñecemento e o crecemento persoal.
Ademais, mantemos informadas ás persoas asociadas sobre actividades, recursos e iniciativas relacionadas coa alta sensibilidade, ampliando as oportunidades de participación, formación e desenvolvemento.
A través da nosa comunidade de WhatsApp, as persoas asociadas poden compartir propostas, actividades e inquietudes, facilitando encontros informais e fortalecendo unha rede de apoio que vai máis alá das actividades organizadas pola asociación.
Porque en AGALAS cremos que compartir experiencias, sentirse comprendido e construír comunidade son aspectos fundamentais para vivir a alta sensibilidade dunha maneira positiva, saudable e enriquecedora.
- A NOSA ACTIVIDADE
Área educativa
A evidencia científica estima que entre o 15 % e o 30 % da poboación presenta o trazo da alta sensibilidade. Porén, continúa sendo unha realidade pouco coñecida e rodeada de numerosos mitos e ideas erróneas. Por este motivo, en AGALAS apostamos pola divulgación e a educación como ferramentas fundamentais para dar visibilidade á alta sensibilidade e favorecer unha mellor comprensión deste trazo de personalidade.
Compartimos información, recursos e materiais que axudan a comprender que significa ser unha Persoa Altamente Sensible (PAS), desmontando falsas crenzas e ofrecendo unha visión rigorosa, actualizada e positiva da alta sensibilidade. Ademais, adaptamos os nosos contidos ás diferentes etapas da vida, desde a infancia ata a idade adulta, atendendo ás necesidades específicas de cada momento vital.
Tamén queremos achegarnos á comunidade educativa para contribuír a que docentes, orientadores e outros profesionais da educación coñezan mellor este trazo e poidan identificar tanto as necesidades como as fortalezas das persoas altamente sensibles no ámbito educativo.
De cara ao futuro, esperamos levar esta labor tamén ás aulas, desenvolvendo propostas educativas que axuden a nenos, nenas e adolescentes a comprender, aceptar e xestionar a súa alta sensibilidade dunha forma positiva.
Porque a alta sensibilidade non é unha debilidade. É unha maneira particular de percibir e procesar o mundo que, cando se comprende e se acompaña adecuadamente, pasa a se converter nunha gran fortaleza.
- A NOSA ACTIVIDADE
Difusión
Que é a alta sensibilidade? Como saber se es unha Persoa Altamente Sensible (PAS)? Que implica no día a día e como integrala de forma saudable?
Esta sección nace para dar resposta a estas e outras preguntas, ofrecendo información clara, rigorosa e accesible sobre a alta sensibilidade.
Desde AGALAS aspiramos a ser un referente en Galicia para familias, docentes e profesionais interesados en comprender e acompañar este trazo de personalidade.
Neste espazo reunimos recursos e materiais de divulgación, así como encontros presenciais e virtuais, ademais de novas, estudos e publicacións de interese para o colectivo.
Tamén poñemos á disposición unha rede de profesionais de distintos ámbitos vinculados a AGALAS, aos que se pode acudir coa confianza de ser comprendido desde o coñecemento da alta sensibilidade.
Porque comprender a alta sensibilidade é o primeiro paso para integrala, coidala e convertela nunha fonte de benestar e crecemento persoal.
- AGALAS
Profesionais Asociados:
Ana Belén Vidal Ramos
Psicóloga Sanitaria, col. N: 2419-G, especialista en PAS , PNI y psicología humanista integrativa
María Castro Pazos
Psicóloga Xeral Sanitaria.
Virginia Soledad Penedo Lastra
Psicóloga e profesora de ioga e meditación.
Marisa Fariñas
Psicóloga Xeral Sanitaria.
Purificación Chorén Pena
Psicóloga experta na Xestión do Trazo PAS, terapeuta familiar sistémica, experta en Psicoloxía Positiva e Parentalidade Positiva.
- Difusión
Recursos
Festisaúde
✨ Este ano volvemos ao FESTISAÚDE ✨ Desde AGALAS, Asociación Galega de Alta Sensibilidade, temos
Prensa – Que é ser unha Persoa Altamente Sensible?
Noticia publicada en el faro de vigo. Puedes consultarla completa aqui As persoas que presentan
Podcast: Pros e contras de vivir no contorno rural.
Benvidas a este ano novo a todas as persoas PAS, ou curiosas sobre a alta