- ALTA SENSIBILIDADE
Que é a alta sensibilidade?
A Alta Sensibilidade é un trazo temperamental estudado dentro do marco da sensibilidade ambiental (Environmental Sensitivity).
Foi definido por Elaine Aron e amplamente desenvolvido en investigacións posteriores dentro da psicoloxía e da neurociencia.
A evidencia científica indica que:
- Ten unha base biolóxica e herdable.
- Está influída polo entorno.
- Forma parte da variabilidade normal da poboación.
Estímase que entre o 15 % e o 30 % das persoas presentan este trazo.
Estudos de neuroimaxe, como os realizados por Bianca Acevedo, amosan unha maior activación en áreas cerebrais relacionadas con:
- Empatía
- Conciencia emocional
- Procesamiento social
- Integración sensorial
- ALTA SENSIBILIDADE
Características
As persoas altamente sensibles adoitan a:
Sentirse facilmente sobre estimuladas.
Necesitar descanso tras experiencias intensas.
Procesar a información de forma profunda.
Detectar detalles sutís.
Mostrar unha alta empatía innata.
- ALTA SENSIBILIDADE
Diferenzas con outras condicións
A alta sensibilidade describe como se procesa a información, mentres que outras condicións describen patróns clínicos específicos.
Alta sensibilidade (PAS / SPS)
- Trazo de personalidade.
- Non é un trastorno.
- Alta sensibilidade sensorial e emocional.
TDAH
- Trastorno do neurodesenvolvemento.
- Dificultades na atención e na autorregulación.
TEA
- Trastorno do neurodesenvolvemento.
- Diferenzas na comunicación social e na conduta.
Altas capacidades
- Alto potencial intelectual
- Pode coexistir coa alta sensibilidade, pero non existe consenso científico sobre a súa proporción exacta.
Trastornos da aprendizaxe
- Dificultades específicas (lectura, cálculo, etc.).
Son características diferentes, aínda que poden coexistir nunha mesma persoa.
- ALTA SENSIBILIDADE
Diferenzas con problemas de saúde
A alta sensibilidade non é:
- Ansiedade
- Hipersensibilidade
- Depresión
- Hipocondría (trastorno de ansiedade por enfermidade)
- Trastornos somáticos
- Trastorno obsesivo compulsivo
- TDHA
- TEA
- * Aínda que pode influír na forma en que se experimentan estas condicións.
- ALTA SENSIBILIDADE
Vantaxes de coñecer o trazo
Coñecer a alta sensibilidade pode axudar a:
Reducir a autoesixencia.
Mellorar o autocoidado
Identificar fortalezas persoais
Comprender a propia forma
de sentir e procesar a información
Desenvolver unha vida máis coherente coas propias necesidades e ritmos
Son moitas as persoas que describen unha sensación de acougo ao poñerlle nome á súa experiencia.