NOVA ACTIVIDADE 🦢🌟
Como xa sabedes, encántanos celebrar os solsticios 💫, pois marcan un cambio nos nosos ciclos vitais e da natureza, o cal é de vital importancia para todas as persoas, pero especialmente para as altamente sensibles.
E posto que o solsticio de verán está á volta da esquina, AGALAS organiza unha nova actividade para celebrar o día máis longo do ano e a chegada do verán. 🌅
Para iso, teremos como actividade protagonista da xornada un obradoiro de Mindfulness e autocompaixón. 🧘🏼♀️✨
Queres saber máis? ⬇️
🌅 OBRADOIRO: Cultivar presenza e coidado: ferramentas de mindfulness e autocompaixón para o día a día.
💆🏻♀️IMPARTE: Teresa Vilanova Villar. Psicóloga Clínica, directora e fundadora de Aqí&Agora. @aqieagora
🗓️DATA E HORA: Sábado 14 de xuño. De 12:00 a 18:30 h aprox.
📍LUGAR: (Repetimos máxica localización) Casa Forestal de Baroña. Porto do Son.
A nosa colaboradora, Teresa Vilanova, é Psicóloga Clínica licenciada pola UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) e conta cunha ampla formación en Mindfulness e Compasión, estando acreditada como instrutora por BMIT (Basic Mindfulness Instructor Training) Quietud – Universidade de Zaragoza. Ademais, Teresa conta cun Máster en Mindfulness en contextos de saúde e investigación, un máster propio outorgado pola Universidade Complutense de Madrid.
Cursou o itinerario para instrutores do Center for Mindfulness da Universidade de Brown, ata o nivel de TAI (Teacher Advancement Intensive), profesora do programa MBSR, e o itinerario do MSC TT (Teacher Training Mindful Self-Compassion), profesora do programa MSC do Center for Mindful Self-Compassion. Teresa tamén está certificada como Instrutora de Mindfulness Infantil (4 a 12 anos) no Método de Eline Snel do AMT.
Inscríbete a través do noso correo electrónico: infoagalasgal@gmail.com
(Actividade só para persoas socias. Se queres darte de alta, escribe tamén ao correo! 📩)
Agardámoste para celebrar un dos días máis especiais do ano! 🌅✨🔥💆🏻♀️
Especial agradecemento, unha vez máis, á Casa Forestal de Baroña e á Comunidade de Montes de Baroña por cedernos o seu marabilloso espazo.