ACTIVIDADE

Festisaúde

✨ Este ano volvemos ao FESTISAÚDE ✨

Desde AGALAS, Asociación Galega de Alta Sensibilidade, temos a alegría de colaborar un ano máis co FESTISAÚDE, un festival dedicado ao benestar, á saúde integrativa, ao crecemento persoal e á conciencia. 🌿

Durante os días 19, 20 e 21 de xuño, o festival contará con charlas, actividades, experiencias e profesionais de distintas áreas, creando un espazo moi enriquecedor para descubrir novas ferramentas de autocoidado, benestar e desenvolvemento persoal e conseguir así un equilibrio integral entre corpo e mente.

Aínda que a nosa participación será o domingo, recomendámosvos enormemente asistir e gozar de toda a programación do festival, porque realmente promete ser un encontro moi interesante e cheo de valor humano. ✨

A nosa aparición no festival:
📍 Domingo 21 de xuño
🕓 16:00 h

Ana Belén Vidal Ramos, presidenta de Agalas, ofrecerá unha charla sobre Alta Sensibilidade, un espazo para comprender mellor este trazo, aprender a acompañalo e descubrir a riqueza que existe nunha sensibilidade profunda e consciente.

🌐 Máis información e programación completa: www.festisaude.es

Encantaríanos vervos alí 💙

Facebook
X
LinkedIn
WhatsApp
Telegram

As nosas actividades