Porque sentir máis
non é unha debilidade.

Se aínda non o vives como unha das túas fortaleza, este é o teu recanto.

Formación, acompañamento e comunidade para as persoas altamente sensibles, familias e profesionais de Galicia. Porque cando o comprendes, todo cambia.

Que é a
Alta Sensibilidade?

A alta sensibilidade é un trazo de personalidade de base biolóxica presente no 15–30% da poboación. As persoas altamente sensibles (PAS) procesan a información con maior profundidade e perciben con máis intensidade os estímulos do entorno.

Non é unha enfermidade, un trastorno nin unha debilidade. É unha característica natural que, cando se comprende, pode converterse nunha gran fortaleza.

Rasgo de nacemento
Base biolóxica
Non é unha patoloxía
DOES- 4 dimensións
≠ Ansiedade

AGALAS é a Asociación Galega de Alta Sensibilidade

Traballamos para

Difundir coñecemento con rigor

Achegamos información fiable sobre a alta sensibilidade.

Crear comunidade e partillar experiencias

Xeramos espazos para compartir.

Acompañar a persoas altamente sensibles

Brindamos apoio e orientación personalizada.

Colaborar con profesionais e entidades interesadas

Impulsamos alianzas e proxectos conxuntos

"Ser unha persoa altamente sensible non é unha carga. É un xeito de habitar o mundo con máis profundidade."

Evidencia científica

Décadas de investigación confirman que a alta sensibilidade é unha característica biolóxica real

Elaine Aron

Psicóloga, University of California

Identificou o trazo Sensory Processing Sensitivity. Autora de The Highly Sensitive Person, con máis de 25 anos de seguimento e investigacións.

Michael Pluess

Profesor, Queen Mary University London

Desenvolveu a teoría da susceptibilidade diferencia: as PAS son quen máis se benefician de contornas enriquecidas e apoios positivos.

Bianca Acevedo

Neurocientífica, UC Santa Barbara

Estudos de neuroimaxe amosan como el cerebro PAS activa dun xeito distinto as áreas da empatía e do procesamento profundo.

Resolvemos
as túas dúbidas

Se non atopas o que buscas, escríbenos

A alta sensibilidade é un trastorno mental?

Non. Trátase dun trazo da personalidade con base biolóxica, non dunha patoloxía. Non aparece no DSM nin no CIE. É una variantenatural do sistema nervioso presente no 15–30% da poboación.

Non. Aproximadamente o 30 % das persoas altamente sensibles son extravertidas. A introversión e a alta sensibilidade son características independentes que poden mesturarse de distintas maneiras.

Velaquí algúns indicadores: satúrase facilmente en ambientes ruidosos, ten reaccións emocionais moi intensas, percibe detalles que outros non notan, precisa máis tempo ca outros/as para adaptarse a situacións novas e é moi empático/a. En AGALAS podemos darche a orientación que precisas.

A investigación apunta a unha base xenética significativa. É habitual que varias persoas nunha mesma familia sexan altamente sensibles. A contorna tamén modula a configuración desta característica.

Son cousas distintas. A alta sensibilidad é algo innato e estable; a ansiedade é unha resposta emocional que pode ser temporal ou crónica. Coa axuda adecuada, moitas PAS viven con baixos niveis de ansiedade.

AGALAS é a primeira e única asociación sen ánimo de lucro dedicada á alta sensibilidade en Galicia. Traballamos tanto en galego como en castelán, baseándonos na evidencia científica e na experiencia vivida polos nosos fundadores. Non somos unha empresa; somos unha comunidade.

Próximas actividades

Festisaúde

✨ Este ano volvemos ao FESTISAÚDE ✨ Desde AGALAS, Asociación Galega de Alta Sensibilidade, temos

Prensa – Que é ser unha Persoa Altamente Sensible?

Noticia publicada en el faro de vigo. Puedes consultarla completa aqui As persoas que presentan

Podcast: Pros e contras de vivir no contorno rural.

Benvidas a este ano novo a todas as persoas PAS, ou curiosas sobre a alta

Dá o primeiro paso

Se te identificaches co que ves de ler, estaremos encantados de acompañarte.